Libros para barrigolas

1,2,3 contando -  Na granxa

















Temos dereito a un futuro distinto

Conversas con Xavier Vence

Xan Carballa


Engaiolarte Edicións, inaugura a súa andaina co libro Xavier Vence. Conversas. Temos dereito a un futuro distinto, unha longa entrevista co economista e portavoz nacional do BNG, realizada polo xornalista Xan Carballa.

O libro é unha aproximación biográfica a unha persoa ben coñecida no mundo universitario e do ensaio económico, e que desde 2013 lidera a principal organización do nacionalismo galego, logo da crise desatada no BNG en 2012. Vence é un perfil novo que se analiza a si mesmo, “se tivera que imaxinar algo penso que hoxe por hoxe se me ve sobre todo como economista e profesor da universidade e menos como político. Eu trato de facer un discurso político riguroso, claro pero non demagóxico, facendo fincapé nas causas dos problemas e nas alternativas. Non me gusta nada o tipo de discurso político que hoxe abunda, de impacto, de titulares, sen respaldo nin na verdade nin en propostas. En todo o caso, eu trato de lle achegar o meu criterio e o meu saber ao BNG sobre o futuro do país: poñer orixinalidade na fundamentación das posicións que mantemos e reforzar a dimensión técnica e racional das propostas políticas e económicas que lanzamos”.

No libro Vence percorre as distintas etapas do nacionalismo contemporáneo, analiza a presenza nacionalista nos gobernos municipais e autonómico e as causas da crise económica e institucional actual, e vincula o horizonte da soberanía para Galicia como a saída máis realista.

Se quere información sobre como mercar este libro prema neste enlace:

librosnacasa.wordpress.com

 

PROXIMAMENTE Á VENDA

Tomiño, pedra, auga e vida

Eliseo Alonso - Xulio Gil

Sobre unha escolma de textos e poemas de Eliseo Alonso (Goián, 1924 / A Habana, 1996) e  o fotógrafo Xulio Gil (Ourense, 1954), Premio da Crítica das Artes Visuais e Plásticas en 2013, constrúen este traballo que interpreta a realidade territorial, patrimonial e artística deste  concello capital do Baixo Miño.

 

Lugo, a  cidade

dos tesouros encantados

Lois Diéguez - Xulio Gil
















Temos dereito a un futuro distinto

Conversas con Xavier Vence

Xan Carballa













Tomiño, terra, auga e vida

Eliseo Alonso - Xulio Gil

1,2,3 contando e Na granxa, son os dous primeiros dirixidos a prelectores. Libros para cativos desde  que empezan a agatuñar até que cumpren os 4 anos, unha fase  que serve para asentar hábitos e axudan á súa maduración psicobiolóxica. Familiarizalos cos libros, amosarlles figuras de animais ou dos números, son algúns dos fins deste libros, que tamén lle permitirán acoutar espazos, extendelos e xogar de diversas maneiras. Neste video podes ver os libros en acción

Engaiolarte EDITORIAL
Rúa Marqués de Valladares 23 6º 1ª - VIGO   
engaiolarte@gmail.com






DISTRIBUCIÓN   LIBROS NA CASAmailto:engaiolarte@gmail.comhttp://librosnacasa.wordpress.comshapeimage_2_link_0shapeimage_2_link_1

Somos unha editorial nova, que medra devagariño, pensando en afianzar un proxecto diverso, do que iremos dando conta coas novidades

que publicamos. Xornalismo, ensaio literario, fotografía ou libro infantil, son os campos dos nosos primeiros libros.

https://www.youtube.com/watch?v=MPXUFkGvJic&feature=youtu.be
https://www.youtube.com/watch?v=MPXUFkGvJic&feature=youtu.be
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=OaTVUsaGVZI
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Lwn6haiKRtI
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=H0X29QfZOKY
Librarias.html

Lugo, a cidade dos tesouros encantados

Lois Diéguez - Xulio Gil

A proposta literaria e visual desta obra é un novo xeito de entrar na realidade histórica, patrimonial e cultural da cidade, percorrendo as súas rúas e deténdose na descuberta de tesouros que só aparecen á vista do espectador e o visitante atento.

En palabras de Felipe Senén, “o Lois Diéguez réndelle homenaxe a Lugo, ás súas paisaxes e paisanaxes, ao escenario e os autores e actores. Como un novo e ilustrado Ciprianillo feito á medida de Lugo, complementado con fotografía de Xulio Gil, con cartografía e incluso con plano dos tesouros da cidade. Primeiro fala a chuvia, señora que fai reverdecer o antigo bosque de Lugh, coroado polo que foi castro dos copori e campamento romano a vixiar o Miño, derriba da fonte calda das termas, cidade con orixe no legado fundador Paulo Fabio Máximo. A brétema serviranos de cicerone para furar polo anel, entrar no couto, nun nimbo de Historia, na arqueoloxía de templos pagáns, de solemnes domus, e sobre elas o trepar do tempo: a nula ou moita ilustración municipal, os pazos, as casas humildes, as tabernas, as tendas, os cafés, parladoiros nos que se filosofa e escoitaba, o Circulo das Artes... Lousas sobre as que se presenten os pasos de Pimentel, de Fole, do Cilistro, Isidro Novo, Vázquez Seixas, Trapero Pardo... e sempre o paso pousón e a verba solemne do sobriño do párroco de San Froilán, Manuel María... e Paco Martín e o seu Ramón Lamote”.

Se quere información sobre como mercar este libro prema neste enlace:

librosnacasa.wordpress.com